ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Número de establecementos no sector servizos por cada 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 68,6 88,2 63,6 49,3
   • A Coruña 69,1 92,6 60,2 49,5
   • Lugo 68,5 86,5 74,5 53,1
   • Ourense 65,4 87,8 72,9 46,2
   • Pontevedra 69,0 83,8 63,5 48,0


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Número de establecementos no sector servizos por cada 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

 
No ano 2022 o número de establecementos no sector servizos por cada 1.000 habitantes ten un comportamento moi similar ao do indicador número de establecementos por cada 1.000 habitantes en canto a que crece co grao de urbanización para Galicia e todas as provincias.
 
No período 2016-2022 o número de establecementos no sector servizos segundo o subgrao de urbanización aumentou en case todas as subzonas de urbanización. A zona densamente poboada rexistrou un decrecemento neste período (o indicador diminuíu -1,4 puntos). Con todo, esta é a subzona que maior número de establecementos no sector servizos por cada 1.000 habitantes rexistra ao longo de todo o período, con case o dobre de establecementos deste tipo por cada 1.000 habitantes que a ZPP.

 

2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 68,1 69,1 69,8 69,7 69,1 68,0 68,6
ZDP 89,6 90,5 91,4 90,8 89,5 87,6 88,2
ZIP alta 62,4 62,9 63,4 63,5 62,9 62,3 63,1
ZIP baixa 64,7 65,8 66,3 66,5 65,7 64,4 65,1
ZPP alta 51,8 52,5 53,1 53,0 52,8 52,0 52,4
ZPP intermedia 52,7 53,6 53,7 53,9 53,6 53,5 54,1
ZPP baixa 43,4 44,7 45,0 45,3 45,7 45,4 46,1


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Número de establecementos no sector servizos por cada 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de establecementos con actividade no sector servizos e a poboación, expresado en tanto por mil.
Establecemento (empresas):
Empresa ou parte dunha empresa sita nun lugar delimitado topograficamente, no que se realizan unha ou varias actividades económicas ás que dedican o seu traballo unha ou varias persoas por conta dunha mesma empresa. Se polas propias características da actividade esta non se realiza nun lugar fixo, o establecemento é o lugar dende o que se organiza ou coordina tal actividade. Non se contabilizan como establecementos os almacéns e as sedes sociais ou os domicilios legais dos titulares das empresas no caso de que existan unicamente como soporte xurídico das actividades.
Padrón municipal de habitantes:
É o rexistro administrativo onde constan os veciños do concello. Os seus datos constitúen proba de residencia no concello e do domicilio habitual nel.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Directorio de empresas e unidades locais, IGE. Cifras poboacionais de referencia